
PROXECTOS A MEDIDA.
Deseño, construción e instalación de proxectos a medida. Contacta connosco e coméntanos o teu proxecto!
Entra na nosa galería onde podes ver, entre outros traballos, moblaxe variado, carpintería para cociñas rústicas de obra, escaleiras de todo tipo: helicoidais, rectas...pasamáns, balaústres e demáis estruturas, ou bonitas portas de madeira maciza.

ARTESANÍA DE MADEIRA.
Estas son pezas de gran valor, elaboradas de maneira artesanal en madeiras nobres e naturais. Trátanse de deseños propios, que sin intención expresa, transmiten as vivenzas dun artesán galego criado entre o campo e o mar.
Ponte en contacto con nós, se estas interesado en mercar algunha das artesanías en madeira elaboradas por Amable García. Desfrutarás sin dúbida destas pezas orixinais, en madeiras nobres e duradeiras.

CARPINTERÍA DE RIBEIRA.
Despois de comezar en 1981 como aprendiz nun asteleiro, e con máis de 35 anos de experiencia, Amable García presta os seus servizos como carpinteiro de ribeira a modo de autónomo.
Reparando a petición do cliente, pontes e cascos de todo tipo de embarcacións. Así como construíndo pequenas embarcacións de madeira ou moldes de madeira para a futura fabricación en fibra.