Condicións de compra
1. DATOS
Amable García Varela
N.I.F: 76.359. 596-X
Travesía Campo do rego, 19
15117- Laxe- A Coruña- Galiza
Contacto: amablegarciav@gmail.com / 609 803 653
2. INFORMACIÓN XERAL
Pedímoslle que lea atentamente as nosas condicións de compra e a nosa política de privacidade antes de realizar un pedido. Se vostede non está de acordo con todas as condicións de compra e coa política de privacidade, non debe realizar ningún pedido.
A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte do cliente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato.
3. SISTEMA DE VENTA
Internet, mediante o contacto por correo electrónico.
4. PEDIDOS
IMPORTANTE: Para realización dun pedido cómpre ser maior de idade!
Ao realizar un pedido, o cliente deberá rexistrar datos persoais, co obxectivo da correcta entrega dos produtos adquiridos.
Estes datos serán tratados con total confidencialidade. Pode ver a nosa política de privacidade para maior información.
ACEPTACIÓN DO PEDIDO:
No momento da formalización do pedido, enténdese prestado o consentimento do cliente para a validez e eficacia do contrato de compravenda que obriga ás partes.
O compromiso de venta e entrega do produto ofertado queda supeditado ao stock e dispoñibilidade do mesmo até fin de existencias, e co compromiso de calidade e servizo ao cliente, intentarase en todo momento que os produtos publicitados estean dispoñíbeis . Porén , de concorrer circunstancias excepcionais que provoquen o fin de existencias do produto, o pedido e o contrato subscrito entre as partes quedará sen efecto pola presente cláusula, restituíndo integramente ao cliente as cantidades pagadas por el mesmo.
5. PREZOS
O prezo de cada produto vén claramente determinado na páxina web do mesmo. O prezo e as condicións de venda poderán variar, pero sempre prevalecerán para o cliente o prezo e as condicións vixentes no momento de realizar o pedido agás que se trate dun erro do sistema ou un fallo tipográfico obvio, caso no que se avisaría ao cliente para informalo do mesmo.
En relación ao Imposto sobre o Valor Engadido, aplicarase o tipo impositivo do 21% vixente para a península, ámbito de venda da nosa tenda virtual.
6. FORMAS DE PAGO
Estos son os nosos métodos de pago:
Paypal:
É un dos sistemas máis utilizados en internet para realizar pagos mediante tarxeta de crédito.
Se seleccionas este medio de pago, por email concretaremos os datos para poder realizar o pago correctamente.
É unha transacción totalmente segura. Os datos introducidos en ningún momento son visualizados nin almacenados por www.amablegarcia.gal, xa que todo o proceso se realiza nos propios servidores de Paypal.
Máis información en www.paypal.com
Transferencia Bancaria:
Podes facer o teu pago mediante transferencia Bancaria a cal falicitaremos por email, contacta connosco!
7. FORMA , GASTOS E PRAZOS DE ENVIO
CARACTERÍSTICAS DOS ENVIOS:
Só se realizan envíos a Galiza e ao resto do Estado (península), para envíos ás isllas ou a outros países escribenos a amablegarciav@gmail.com para preguntarnos sobre o prezo e a forma de envío.
Os produtos adquiridos entregaranse de xeito gratuíto no enderezo de entrega que o cliente sinale no seu pedido online, a través de diferentes empresas de transporte urxente de recoñecido prestixio na península.
Os prazos de transporte pódense ver alterados por incidencias extraordinarias do transportista por dificultades na entrega da mercadoría , pero o prazo xeral de entrega é de 48/72 horas. Todos os pedidos serán enviados no mismo día no que son recibidos, sempre e cando sexan realizados antes das 13:00 horas e no caso de transferencia bancaria teremos que esperar a que o diñeiro esté na nosa conta. Os pedidos recibidos pasadas as 13:00h, serán enviados o día laboral seguinte.
A entrega será realizada no domicilio designado polo cliente. En caso de ausencia do mesmo, a empresa de mensaxería deixará un aviso coas instrucións para solicitar unha nova entrega.
8. DEREITOS DO CLIENTE E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
Amable Garcia Varela garante aos seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido fora posto a disposición do transportista para o seu envío.
O cliente dispoñerá dun prazo de 14 días desde a recepción do pedido para realizar a devolución do produto adquirido. O cliente comunicará a Amable García Varela dentro do prazo estipulado o seu desexo de exercitar o dereito de devolución. O pedido devolto deberá ser entregado nas mesmas condiciones en que se recibiu , xunto coa factura emitida, a Amable García Varela, correndo o cliente cos gastos de devolución de regreso ao enderezo de Amable García Varela.
O cliente poderá devolver calquera produto comprado na tenda virtual www.amablegarcia.gal ,sempre e cando os produtos non foran abertos nin usados e conserven o seu embalaxe e etiquetaxe orixinal. Nestes casos devolverase o diñeiro da compra a través dun abono na tarxeta de crédito, mediante una transferencia bancaria á conta indicada polo cliente.
Para calquera incidencia relacionada coa devolución de produtos da nosa tenda pode contactar con nosco a través do correo amablegarciav@gmail.com