Sobre Amable García Artesán ...
Amable García Varela é un autónomo galego, da "Costa da Morte", que adicou a súa vida a carpintería de madeira, especialmente a carpintería de ribeira. A súa obra está enmarcada na carpintería tradicional galega e moitos dos seus traballos inspirados no mundo do mar.
A súa andaina como carpinteiro.
Naceu como carpinteriro no ano 1981, como aprendíz de carpintería de ribeira nos astaleiros Roseva S.A, na súa vila natal Canduas, Cabana de Bergantiños, empresa na que continuou os seguintes 30 anos até que montou o seu propio negocio no ano 2011.
Durante a súa carreira profesional adquiriu coñecementos da carpintería de madeira máis tradicional, realizando traballos de gran calidade tanto na carpintería de ribeira como na carpintería en xeral.

Escachanoces de sobremesa.
Como consumidor habitual de froitos secos, andaba na busca dun utensilio que fixera máis doado o seu consumo. Esto levouno a deseñar un utensilio práctico que abre noces e froitos secos en xeral, o cal patentou no ano 2012 baixo o nome de escachanoces de sobremesa.
Na actualidade.
Agora, malia os seus traballos estar principalmente centrados na carpintería de ribeira, ben de xeito individual ou colaborando con outras empresas; ás veces, vese involucrado noutro tipo de proxectos que lle resultan motivantes, ben pola súa resolución técnica, ben pola historia que teñen detrás.
1981
Nace como carpinteiro
É aprendíz nun asteleiro de madeira
Carpinteiro de ribeira durante 30 anos
2011
Establécese como autónomo
2012
Patenta o "Escachanoces de sobremesa"
2020
Afronta o ano con moitos proxectos
...












Gústame...
unha carpintería de oficio, do ben feito, unha carpintería que perviva no tempo e que poña en valor as madeiras nobres da nosa terra, cun traballo artesanal e personalizado que ademáis de decorativo tamén sexa funcional.