Caixa base dividida en dous compartimentos: un máis grande coa funcionalidade de gardar os froitos até o seu consumo e outro máis pequeno no que van ancorados un pisón con rebaixes que acomodan o froito, un mazo cunha lengüeta para evitar que salten as cascas, un mango con certa curvatura e unha segunda caixa extraíbel na que se depositan as cascas de refugallo.
Todos estes elementos fan que romper o froito sexa sinxelo e doado.
- Medidas: 28x32,5x23 cm
- Material: Madeira maciza con fondo de chapa
- Acabado: Verniz de auga antiantibacterias